Friday, November 20, 2020

Aclaración/explicación Navio. Como algunhas familias están a ter problemas coa descarga de Navio, unhas pequenas explicacións: 

1) Recordarvos que para usar Navio non é necesario ter un código suministrado polo profesor/profesora como di o titorial á dereita do blogue, basta con ter o código do libro e unha conta de correo electrónico para facer o rexistro.

Cando vos apareza "join class" / "Class code" tedes que darlle a "not now"(agora non).

2)Na columna esquerda do blogue debaixo de "topics" hai unha etiqueta de "Navio" onde se van recollendo todas as entradas relacionadas coa aplicación Navio. Anímovos a botarlle unha ollada e especialmente a ler  a carta de presentación que colguei onde están as instruccións.

3)Navio é un recurso moi bo para reforzar na casa o que imos aprendendo na clase, especialmente as destrezas orais, para que @s alumn@s teñan a posibilidade de seguir escoitando inglés. A mellor forma de usar a aplicación é traballala en consonancia coa temática que estamos vendo na aula, agora mesmo estamos en tódolos cursos na unidade 2. Tamén se pode usar como reforzo da unidade anterior pero non se debe avanzar ás unidades posteriores.

Espero que vos sirva de axuda.

Un saúda a tod@s

 


No comments:

Post a Comment

MATERIALS SONGS